
TVG censura
@tvgcensura • 2,187 subscribers
Chequeando as trolas da tele 🔍 | Estamos en Instagram, Tik Tok e BlueSky 🤗
Shorts
Videos

🔥 Outro exemplo máis da manipulación informativa da TVG. Canto ardeu realmente en Ourense en agosto de 2025? 🌳🔥 📺 No #TeleXornal do venres 14 de agosto, a TVG falou de 56.000 hectáreas queimadas. 📊 Pero os propios datos oficiais da Xunta de Galicia apuntan a máis de 100.000 hectáreas. E o sistema europeo Copernicus sitúa a superficie afectada en ao redor de 115.500 hectáreas desde o 1 de agosto. 👉 Non estamos ante unha pequena diferenza nin ante un simple matiz estatístico. A cifra ofrecida pola televisión pública galega queda practicamente na metade da superficie que recollen os datos da Xunta e os rexistros europeos. 📢 A que criterios e a que intereses responde isto? Este é un exemplo máis dunha forma de informar que parece empeñada en minimizar aquilo que incomoda o PP de Galicia. E hai unha ironía difícil de pasar por alto: ese mesmo venres 14 de agosto foi #VenresNegro430CRTVG, a xornada de protesta dos profesionais da CRTVG contra a manipulación informativa.
TVG censura12,654 次观看 • 14 天前

No #TeleXornal Mediodía de hoxe volvemos vivir un deses momentos que retratan a desvergoña de quen dirixe a política informativa da #CSAG. Hoxe dedicaron medio minuto do informativo estrela (cada vez máis ‘estrelado’) para facer propaganda… de ALTRI!! Sen vergoña ningunha, aluden a un “informe independente” (sic) “encargado pola empresa” (sic sic) que avala… a postura de Altri. Que clase de “independencia” pode ter un informe encargado pola parte interesada nun proceso? Debe ser a mesma “independencia” que teñen os redactores xefe e editores de informativos, e claro, de aí o lapsus… 🥶
TVG censura27,383 次观看 • 2 个月前

❗️Outra volta no manual de maniPPulación na TVG 📺 🐟 Noticia sobre un tema de interese social: a falta de relevo xeracional nas peixarías 🎤 Abordaxe do tema e declaracións de persoas implicadas e público Parece todo normal, peeeeero… nun inesperado xiro argumental, era todo parte dunha campaña do PP de Galicia. E a peza remata falando das bondades do Bono Peixe da Xunta de Galicia 🎁🐟 Que vos parece❓ 🤔 — 👩🏼 Por certo, regresa Marta Darriba a presentar o #TeleXornal Mediodía?
TVG censura40,646 次观看 • 9 个月前

✈️ No #TeleXornal Mediodía de hoxe falaron da reapertura do aeroporto da Lavacolla. Ao longo de dous minutos e medio houbo declaracións do delegado do Goberno, do responsable da compañía que voa a Nova York, do conselleiro Diego Calvo, de tres persoas viaxeiras e de dous negocios do aeroporto. 🎙️📺 🚫 Quen quedou fóra? A alcaldesa de Santiago. Unha vez máis, nunha noticia positiva para a cidade, a representación institucional do Concello de Santiago non aparece máis ca nun plano fugaz. Curioso criterio informativo. 🤷♂️🏛️ 🙂↔️A consigna parece clara: os alcaldes e alcaldesas das localidades nas que o PP non goberna non poden aparecer en noticias positivas. E menos a un ano das eleccións municipais. 🗳️ Censura pagada cos nosos impostos. 💸
TVG censura13,848 次观看 • 3 个月前

Peche da gala conmemorativa dos 40 anos da TVG. Xusto ao remate do himno galego, cando se daba por concluído o evento, puidemos oír “Viva Galicia” e “Atri NON, Altri NON”, burlando epicamente a habitual censura de Bando-San Marcos. #AltriNON #Tanxugueiras #TVGcensura #40anosTVG
TVG censura37,750 次观看 • 1 年前

📺 Cando en #Ribeira gobernaba a esquerda, os informativos enchíanse de 💥 noticias negativas: suciedade, pelexas, accidentes… Calquera cousa valía para saír no #TeleXornal. 🤔 Agora, tras o polémico cambio de goberno (moción de censura mediante), a primeira gran noticia sobre Ribeira é… un anuncio propagandístico da Xunta de Galicia: unha nova residencia de maiores 🏡. 🎥 Na posta en escena non faltaron a conselleira, a nova alcaldesa (do PP) e o dirixente do partido que rompeu coas súas promesas e pasou a apoiar os populares 🤝. 📣 E tamén o dicimos claro: así como o PP usa a TVG como se fose súa, tamén usa a Xunta de Galicia coma se fose súa. 👉 Se me caes ben ou es da miña corda, tes investimentos 💶. Se non, nin che dan a hora 🚫.
TVG censura31,316 次观看 • 10 个月前

O momento NO+DO de cada día no #TeleXornal deixounos hoxe dous momentos desconcertantes. 1️⃣ Unha evidente falta de sincronización entre voz e vídeo na conexión (en directo?) da reporteira. 2️⃣ Unha voz que se coa cunha mensaxe críptica. “Cierra el mal puño”❓ Como non nos apetece chorar, mellor uns (so)risos 😬
TVG censura10,697 次观看 • 3 个月前

🙅🏻♀️ Novo exercicio de manipulación do #TeleXornal da TVG para dar conta da manifestación de SOS Sanidade Pública. 1️⃣ Lonxe de ser o tema de apertura, houbo que agardar bastantes minutos de infomativo até que apareceu. Incluso por tras de asuntos estatais. É a TVG ou Telemadrid? 2️⃣ A peza durou uns 2 minutos e 25 segundos. Deste total, informar sobre a manifestación e dar voz a Gómez Besteiro e Ana Pontón consumiu 57 segundos (39%). 3️⃣ O resto da peza ocupárono o PP, que non participou, e o conselleiro de Consellería de Sanidade. Concretamente 35 segundos para o voceiro do PP (24%) e o resto para propaganda do #Sergas (53 segundos; 36,55 %). 4️⃣ Para rematar, aclarar que as declaracións do PP e do conselleiro foron gravadas exclusivamente para a #CSAG (CRTVG). Véxanse nun caso o micrófono da TVG e no outro… o da Radio Galega? 👉 Cubrir unha manifestación e dedicar os 3/5 do tempo a quen a critica ou deosta as revindicacións é, certamente, anómalo. É o #EstiloConchaPombo.
TVG censura16,057 次观看 • 6 个月前

A operación branqueamento ao conselleiro dimitido comeza forte na Radio Galega. 🎤 O ex-alcalde Carlos Príncipe di que o comportamento do dimisionario “foi de 🔟”. 🎤 María Méndez, ex-xefa de prensa da patronal galega, critica o “circo mediático” da oposición e loa a dimisión.
TVG censura16,787 次观看 • 1 年前
没有更多内容可加载