
Rogelio Santos Queiruga
@QueirugaRogelio • 21,706 subscribers
O teu mariñeiro de confianza. Patrón de pesca, agricultor e divulgador. De Queiruga, Porto do Son, A Coruña, España. Fillo de Juan dos Laghos e Carmen da Fonte.
Videos

De pasar esto na nosa lancha aquí en Galicia, o que saltaría para soltar o golfiño ou o arruas das redes sería meu irmán Juan Carlos, sin duda algunha. Noraboa a estes mariñeiros !!!! Hai que facer o posible por facer compatible a pesca co coidado dos océanos e todas as marabillas que o habitan.
Rogelio Santos Queiruga22,926 views • 1 month ago

O meu amigo e compañeiro de profesión, Jallu, de Ribeira ( A Coruña ) , a quen aprecio moito, liberando unha gran tortuga que quedou enredada no seu palangre. Os que sodes galegos notaredes mellor algo que é evidente no video : que os mariñeiros pescamos para ganar o xornal e para poñer peixe nos platos da xente, pero amamos e respetamos o mar e as súas criaturas. Non ten este sentimento quen é mala persona. Gracias, Jallu, non solo por facelo, senón por grabalo.
Rogelio Santos Queiruga118,552 views • 2 years ago

Como lle chamades vós na vosa zona de Galicia, de España ou do mundo ?
Rogelio Santos Queiruga20,207 views • 4 months ago

O Tiburón azul ou tintorera que se veu hoxe pola illa de Arousa ( Pontevedra ) corre máis peligro el que nós. De feito, que se vexan próximos á costa é unha boa noticia. É sinal de que en alta mar, no sitio onde suelen vivir, se poden estar recuperando, tras décadas de sobrepesca. Pode que no futuro volvan a ser unha fonte de alimento, empleo e cartos para o maltreito sector pesqueiro. Tratémolos ben. Non son tiburóns blancos nin tigres. Son exemplares xuveniles que no verán se acercan perdidos á costa, moitos dos cales morren. Ainda así, se buscamos nós o contacto ( eles evitan á xente por norma xeral, como o resto dos peixes ) , e o tocamos, pode lastimarnos cos dentes ou ca pel rugosa, ou matalo nós a el. É unha oportunidad única para velos dende a prudencia e o respeto. Co mar e os animais salvaxes e a natureza, o que temos que facer sempre, dende a prudencia, o agradecemento, facer caso ás auroridades e o respeto, DISFRUTALOS AO MÁXIMO.
Rogelio Santos Queiruga107,207 views • 3 years ago

Praia Langosteira en Fisterra ( Galicia ), ahora mismo.
Rogelio Santos Queiruga67,398 views • 2 years ago

Para finalizar con este tema : a TvG e a propia Paula están mentindo sobre min. Nunca dixen que lle haxa que meter unha bomba a ninguén. Esto é falso. Quen publicou un twit falando sobre bombas á lixeira foi a propia Paula Prado. A TVG e a Voz está mentindo sobre o que dixen e obviando que quen entrou falando de bombas foi a propia Secretaria Xeral do PP, Paula Prado, non eu. Nunca lle desexaría a nadie que lle puxeran unha bomba nin nada parecido, nin nas súas partes íntimas nin en ningún lugar. . O que non me gusta é todo o contrario, que se fale á lixeira sobre bombas como fixo Paula Prado, que foi a que orixinou esto no seu twit e que parece que lle encantan. Desexolle toda a sorte do mundo a Paula Prado. Non creo que deba desexarselle nada malo a ninguén. Invitoa cando queira a vir canda nós ao mar e vivir cousas bonitas fora do Parlamento e da bronca política permamente na que está. Sentaralle ben, de verdad. Eu hoxe pasei un dia moi feliz poñéndolle o plástico as galiñas no frente do galiñeiro porque ven moita chuvia e enfriou moito todo, e nom quero que enfermen polo frío e a auga. Non quero que estén molladas. Tamén viñeron duas veciñas do meu pobo, unha prima de miña nai e unha amiga buscar verde para os centros de difuntos, xa que estamos nese mes que todos imos visitar e honrar aos nosos pais e avós. Unha delas limpou os nosos como cariño hacia min, pero ainda teño que ir poñer as flores. Irei o 30, que dan moi mal tempo. Como teño tantas plantas, sempre lle dou verde a quen mo pide. Xa ven miña prima Maria Dolores e ainda me falta a miña amiga Sonia, pero se hai alguén máis que queira, aquí está. Cando era pequeno había rapaces que insultaban ca palabra HP a outros ou ca palabra " maric.". Eu sempre as odiei, e jamás as usei. Odioas, e sabeo ben todo o mundo que me conocedes dende neno, pero si uso expresións tipicas da nosa terra. Creo que hai que falar sempre con respeto a todo o mundo, tamén aos cargos dos partidos, e que hai expresións e palabras de uso cotidian que non se din con mala intención, senón para reprender ou expresar alegría : a onde carallo vas ? A onde cona vas ? Por decir dous exemplos, e non é malo. Eu úsoas tamèn. Do mesmo xeito pódeselle decir a alguén que está foljado , e non ser por mal, ou mandalo a rañala, como cando algúns se meten com Galicia, os galegos ou co noso idioma, por decir tres exemplos. Entendo que a quen me siga en twiter, que é onde eu dixen a expresión " moitas señoras maiores da nosa terra diríanlle que parece que a que ten falta dunha 💣 na cona " lle pudera chocar, xa que eu non suelo falar así, nas redes nin na vida. Solo falo así,como todos, cando nos enchen. E a min de verdad vos digo que costa moito encherme. Pero de 💣 quen falou foi Paula Prado, e foi xusto eso o que me indignou. Foi para decir que pode falar como todos do que queira, pero con respeto. Que non se fala deso á lixeira. Parece que fora porque lle gusta estar falando deso a todas horas fora a ela. A min desdelogo, non. Pero sen mal, sen gravidade. Non me gustan as bombas, nin as armas, nin as cousas malas. A min gústame a paz, traballar, ser honrado, os animais, escoitar aos maiores, os fouciños para apañar herba .....e a forma de falar de todos nós nas casas e nos traballos, cas súas retrancas e expresions populares. Paula, ofrézoche tomar uns viños cando queiras, que sei que che gustan, ainda que non me guste o que dis, e a ti non che guste eu.
Rogelio Santos Queiruga26,881 views • 9 months ago

Os pulpos son caníbales, e teñen un veneno co que paralizan ás súas vítimas para poder comelas logo sin que ofrezan resistencia. O de que sexan caníbales e se coman os uns aos outros é unha das cousas que pese a ser un alimento valorado e caro, fai dificil crialos en cautividade. Hai que ter moito espacio e escondrixos para todos, non poden estar como os rodaballos uns a cabalo dos outros amoreados a parte doutras cuestións que dificultan a súa cría, como o tema de alimentalos, para o que se fai necesario seguir explotando os océanos aínda que se presente a súa cría como algo máis sostible que a súa pesca.
Rogelio Santos Queiruga15,020 views • 4 months ago

Nin na lista da vosa compra nin no restaurante pode haber agora mesmo nécora, lumbrigante, pulpo, santiaguiños, centola con ova nin peixe que non de a talla mínima galegos. Están todos en veda, e eu e máis eles felices de pescalos e de volveren para o mar, criar ou medrar, porque son mariñeiro. Feliz finde a todos, que por fin é venres !!!
Rogelio Santos Queiruga37,663 views • 1 year ago

Hoy un video en castellano para que esto llegue fuera de Galicia a todo el mundo, y para que los que no estais en contacto con el mar y la pesca, podais conocerlos y conocernos un poco más. Video en 2 twits #Galicia #pescasostenible #sostenibilidad #marisco #pescadores #pescado
Rogelio Santos Queiruga75,674 views • 3 years ago

Eu quero vivir do mar, e queren comprar o noso silencio por un pago de 550 euros ( como no Prestige ). Queren desmovilizar a manifestación do domingo 21 en Santiago. Non me importa se estou eu solo alí. Xa teño estado no mar con vento, chuvia, forte mar de fondo. Hoxe escoitaba ao mar e decíame que non calemos, e eu guíome por el, que é o que me da o pan, non a Xunta.
Rogelio Santos Queiruga41,031 views • 2 years ago

Esta semana collemos un santiaguiño e varias nécoras. Collemos poucos por norma xeral porque os aparellos orientados ao peixe e marisco de maior tamaño teñen unha malla grande e os máis pequenos colan polo furado. Poderíamonos dar unha homenaxe, pero aínda que sexa pequeno, é máis rentable darllo ao mar.
Rogelio Santos Queiruga13,946 views • 7 months ago

Os pulpos non "emigraron" de Galicia a Reino Unido polo calor, ou é que en Marruecos fai frío ? Tampouco porque aquí chovera moito. Seique en Reino Unido non chove ? O pulpo é un animal de ciclo corto de vida, medra rapidísimo. Vive un ou dous anos e morre. Non é como un lumbrigante que lle fan falta 10 anos para alcanzar un kilo de peso. Cando as condicions lle son faborables, pode haber unha explosión demográfica : gran número de femias, unha posta numerosa, moitos ovos e polbos pequeniños que nacen e teñen abundancia de alimento en todas as súas fases, e moitos que cheguen a adultos. Se ademais se xunta que non existe unha extrema presión pesqueira como especie nese país, o coctel é perfecto para dita abundancia. Hai dous anos houbo unha gran cantidade de potas ou voladoras ( outro cefalópodo, neste caso parecido ao calamar ) frente ás costas de Coruña e os barcos pescaron miles e miles de kilos, probablemente por razóns similares. Ten habido anos en Galicia de moito polbo, ou de choco, e outros malos, porque as condicións cambian de ano en ano, pero o que está claro é que en Galicia, probablemente é a especie que máis presión pesqueira sufre : moitos barcos ás nasas, moitas nasas, os que pescamos outras artes, o que suma a pesca deportiva aínda que sexan poucos kilos por persona, a pesca ilegal por outro lado, e se a eso lle sumamos cacharros cando están criando e se separan as femias dos ovos, ou non respetar as tallas mínimas, normal que non levante cabeza e cada ano descenda. Unha das flotas máis numerosas en Galicia é xustamente a do polbo. Flota importantísima. En todo caso, o paro biolóxico en Galicia deste ano para a miña forma de ver, foi un acerto das administracións e do sector pesqueiro. Non se trata solo de pescar, senón de pescar ben. *Este video foi grabado durante a veda do pulpo deste ano. Nós non andamos ao pulpo, nin temos licencia para nasas. Tíñamola, pero fai anos cambiamola por outra arte que nós gustaba máis, pero durante todo o ano cando andamos con redes ou palangre, tamén veñen algúns. Se está aberta a veda e dan a talla, levámolos para vender, senón, volven para o mar.
Rogelio Santos Queiruga13,862 views • 8 months ago

O mar en Galicia é unha película, belleza, enigmática e sofisticada ata no máis común e diminuto, solo hai que deixar por un momento todo o que nos enchen a cabeza e fixarse. Porsuposto tamén precisamos quen no lo enseñe. As ofiuras levan miles de millóns de anos no planeta terra. Que beleza en como é e se move. Alien planeta tierra.
Rogelio Santos Queiruga13,699 views • 9 months ago

Bos días a todos, xente de Ben, de verdad e de Paz , dende Galicia !!!!
Rogelio Santos Queiruga12,865 views • 8 months ago

A ver se algún día alguén perde ou tira billetes nas costas de Galicia, en lugar de basura. Que podemos facer co tema pellets de plástico ? Se os vemos na praia, informar a Noia Limpa en [email protected] e chamar tamén ao 112. Cando se organice para limpar, con este tema ou calquer outra limpeza, arrimar o lombo. Poñer exemplo, o máis limpo non é o máis limpo, senón o que menos ensucia. O malo non é ser sensible ca natureza e ca basura e os plásticos, o malo é non selo. Gracias a toda a xente que está recollendo os sacos, limpando xa por parte dos Concellos. O meu afecto e apoio a eles e aos seus alcaldes. Precisan máis medios !!! Non ahora, sempre. O meu cariño especial para toda a xente que visitades Galicia no verán e nalgún momento da vosa vida, ou que sodes de aquí e estades fora, ou comedes o noso peixe, e vos preocupa o que está pasando, e queredes sempre unha Galicia como a conocedes, bonita, respetada e coidada !!! Gracias por interesarvos !!!! Non podedes vir aquí, pero podemos acercármovola nós sempre que podemos.
Rogelio Santos Queiruga25,049 views • 2 years ago