Rogelio Santos Queiruga's banner
Rogelio Santos Queiruga's profile picture

Rogelio Santos Queiruga

@QueirugaRogelio21,809 subscribers

O teu mariñeiro de confianza. Patrón de pesca, agricultor e divulgador. De Queiruga, Porto do Son, A Coruña, España. Fillo de Juan dos Laghos e Carmen da Fonte.

Shorts

Mozos de Corme ( A Coruña ) devolvendo ao mar polbo que pescaron estes días, xa que está en veda. Parvo é quen pensa que sen normas vai haber máis peixe no mar para nadie.

Mozos de Corme ( A Coruña ) devolvendo ao mar polbo que pescaron estes días, xa que está en veda. Parvo é quen pensa que sen normas vai haber máis peixe no mar para nadie.

89,785 görüntüleme

Videos

QueirugaRogelio's profile picture

En Galicia estase facendo algo increible, e o resto son contos. En certos colexios con comedor escolar solo traballan con peixe fresco das lonxas de Galicia, e de productos da terra, con razas autóctonas, productos ecolóxicos e denominacións de orixe. E fano cuns presupostos baixísimos, en gran parte fruto do esforzo dos cociñeiros dos centros e de campañas como " Come Local " promovidas e impulsadas por Slow Food Compostela, a administración e os centros educativos. Esta forma de alimentar nutre máis e combate a obesidade entre outros males da sociedade. Que se consuma dos nosos productores é sin duda un exemplo a seguir e algo que todos e sobre todo a admimistración debería apoiar máis. Quero dedicar este video a todos os que nomeo, pero en especial a Libia Estevez, cociñeira do Comedor A Paz Tintureira do CEIP de Coruxo ( Vigo, Pontevedra, Galicia, España ) e a todos e cada un dos seus alumnos, a quenes espero poder coñecer pronto. Nese centro e en moitos de Galicia faise un esforzo e un gran traballo por dar a coñecer os peixes, os océanos e o traballo da xente do mar. Neste en concreto mesmo incluiron unha foto miña entre os peixes de Galicia e outras personas e personaxes vinculados ao reino dos mares. Mañán comparto fotos delo con vós e hoxe quero recoñecer tamén a labor educativa dos centros de ensino dalgo tan importante para Galicia como é o mar. Gracias de corazón. Por todos vós e por quenes me seguides nas RRSS, como non, tamén !!!

Rogelio Santos Queiruga

46,935 görüntüleme • 1 yıl önce

QueirugaRogelio's profile picture

Para finalizar con este tema : a TvG e a propia Paula están mentindo sobre min. Nunca dixen que lle haxa que meter unha bomba a ninguén. Esto é falso. Quen publicou un twit falando sobre bombas á lixeira foi a propia Paula Prado. A TVG e a Voz está mentindo sobre o que dixen e obviando que quen entrou falando de bombas foi a propia Secretaria Xeral do PP, Paula Prado, non eu. Nunca lle desexaría a nadie que lle puxeran unha bomba nin nada parecido, nin nas súas partes íntimas nin en ningún lugar. . O que non me gusta é todo o contrario, que se fale á lixeira sobre bombas como fixo Paula Prado, que foi a que orixinou esto no seu twit e que parece que lle encantan. Desexolle toda a sorte do mundo a Paula Prado. Non creo que deba desexarselle nada malo a ninguén. Invitoa cando queira a vir canda nós ao mar e vivir cousas bonitas fora do Parlamento e da bronca política permamente na que está. Sentaralle ben, de verdad. Eu hoxe pasei un dia moi feliz poñéndolle o plástico as galiñas no frente do galiñeiro porque ven moita chuvia e enfriou moito todo, e nom quero que enfermen polo frío e a auga. Non quero que estén molladas. Tamén viñeron duas veciñas do meu pobo, unha prima de miña nai e unha amiga buscar verde para os centros de difuntos, xa que estamos nese mes que todos imos visitar e honrar aos nosos pais e avós. Unha delas limpou os nosos como cariño hacia min, pero ainda teño que ir poñer as flores. Irei o 30, que dan moi mal tempo. Como teño tantas plantas, sempre lle dou verde a quen mo pide. Xa ven miña prima Maria Dolores e ainda me falta a miña amiga Sonia, pero se hai alguén máis que queira, aquí está. Cando era pequeno había rapaces que insultaban ca palabra HP a outros ou ca palabra " maric.". Eu sempre as odiei, e jamás as usei. Odioas, e sabeo ben todo o mundo que me conocedes dende neno, pero si uso expresións tipicas da nosa terra. Creo que hai que falar sempre con respeto a todo o mundo, tamén aos cargos dos partidos, e que hai expresións e palabras de uso cotidian que non se din con mala intención, senón para reprender ou expresar alegría : a onde carallo vas ? A onde cona vas ? Por decir dous exemplos, e non é malo. Eu úsoas tamèn. Do mesmo xeito pódeselle decir a alguén que está foljado , e non ser por mal, ou mandalo a rañala, como cando algúns se meten com Galicia, os galegos ou co noso idioma, por decir tres exemplos. Entendo que a quen me siga en twiter, que é onde eu dixen a expresión " moitas señoras maiores da nosa terra diríanlle que parece que a que ten falta dunha 💣 na cona " lle pudera chocar, xa que eu non suelo falar así, nas redes nin na vida. Solo falo así,como todos, cando nos enchen. E a min de verdad vos digo que costa moito encherme. Pero de 💣 quen falou foi Paula Prado, e foi xusto eso o que me indignou. Foi para decir que pode falar como todos do que queira, pero con respeto. Que non se fala deso á lixeira. Parece que fora porque lle gusta estar falando deso a todas horas fora a ela. A min desdelogo, non. Pero sen mal, sen gravidade. Non me gustan as bombas, nin as armas, nin as cousas malas. A min gústame a paz, traballar, ser honrado, os animais, escoitar aos maiores, os fouciños para apañar herba .....e a forma de falar de todos nós nas casas e nos traballos, cas súas retrancas e expresions populares. Paula, ofrézoche tomar uns viños cando queiras, que sei que che gustan, ainda que non me guste o que dis, e a ti non che guste eu.

Rogelio Santos Queiruga

26,771 görüntüleme • 7 ay önce

QueirugaRogelio's profile picture

Bebés e semente !!!

Rogelio Santos Queiruga

29,218 görüntüleme • 1 yıl önce

QueirugaRogelio's profile picture

Os pulpos non "emigraron" de Galicia a Reino Unido polo calor, ou é que en Marruecos fai frío ? Tampouco porque aquí chovera moito. Seique en Reino Unido non chove ? O pulpo é un animal de ciclo corto de vida, medra rapidísimo. Vive un ou dous anos e morre. Non é como un lumbrigante que lle fan falta 10 anos para alcanzar un kilo de peso. Cando as condicions lle son faborables, pode haber unha explosión demográfica : gran número de femias, unha posta numerosa, moitos ovos e polbos pequeniños que nacen e teñen abundancia de alimento en todas as súas fases, e moitos que cheguen a adultos. Se ademais se xunta que non existe unha extrema presión pesqueira como especie nese país, o coctel é perfecto para dita abundancia. Hai dous anos houbo unha gran cantidade de potas ou voladoras ( outro cefalópodo, neste caso parecido ao calamar ) frente ás costas de Coruña e os barcos pescaron miles e miles de kilos, probablemente por razóns similares. Ten habido anos en Galicia de moito polbo, ou de choco, e outros malos, porque as condicións cambian de ano en ano, pero o que está claro é que en Galicia, probablemente é a especie que máis presión pesqueira sufre : moitos barcos ás nasas, moitas nasas, os que pescamos outras artes, o que suma a pesca deportiva aínda que sexan poucos kilos por persona, a pesca ilegal por outro lado, e se a eso lle sumamos cacharros cando están criando e se separan as femias dos ovos, ou non respetar as tallas mínimas, normal que non levante cabeza e cada ano descenda. Unha das flotas máis numerosas en Galicia é xustamente a do polbo. Flota importantísima. En todo caso, o paro biolóxico en Galicia deste ano para a miña forma de ver, foi un acerto das administracións e do sector pesqueiro. Non se trata solo de pescar, senón de pescar ben. *Este video foi grabado durante a veda do pulpo deste ano. Nós non andamos ao pulpo, nin temos licencia para nasas. Tíñamola, pero fai anos cambiamola por outra arte que nós gustaba máis, pero durante todo o ano cando andamos con redes ou palangre, tamén veñen algúns. Se está aberta a veda e dan a talla, levámolos para vender, senón, volven para o mar.

Rogelio Santos Queiruga

13,862 görüntüleme • 6 ay önce

No meu traballo teño estas vistas. Son mariñeiro en Galicia. Cantos despachos as teñen ?
0:36

Sensitive content

This media may contain sensitive content.