
Rogelio Santos Queiruga
@QueirugaRogelio • 21,758 subscribers
O teu mariñeiro de confianza. Patrón de pesca, agricultor e divulgador. De Queiruga, Porto do Son, A Coruña, España. Fillo de Juan dos Laghos e Carmen da Fonte.
Videos

Esto di mi amorcito, a miña parella, Cibrán : O problema non é non entender o galego. Iso pode pasar e non pasa absolutamente nada. O problema é que che moleste que exista. Se vés a Galicia, é bastante probable que nalgún momento alguén che fale en galego. Porque si, Galicia tamén é España e aquí temos dúas linguas oficiais. Se non entendes algo, tan fácil como pedir con educación que cho repitan en castelán. Non fai falta pechar o puño, morder a lingua nin sentirse "ameazado" porque un camareiro fale a lingua do lugar no que estás de vacacións. Viaxar tamén consiste en coñecer, respetar e entender que non todos os sitios teñen que parecerse ao lugar do que vés. E por sorte, aquí seguiremos dicindo bo día, gracias, ata logo e benvidos. 🤍💙🤍 Espero que sepades quen é William Wallace....senón, sentireime un velliño! 🤭🤭 #Galego #Galicia #LinguaGalega #Respecto #OrgulloGalego
Rogelio Santos Queiruga30,343 Aufrufe • vor 22 Tagen

De pasar esto na nosa lancha aquí en Galicia, o que saltaría para soltar o golfiño ou o arruas das redes sería meu irmán Juan Carlos, sin duda algunha. Noraboa a estes mariñeiros !!!! Hai que facer o posible por facer compatible a pesca co coidado dos océanos e todas as marabillas que o habitan.
Rogelio Santos Queiruga23,074 Aufrufe • vor 2 Monaten

O meu amigo e compañeiro de profesión, Jallu, de Ribeira ( A Coruña ) , a quen aprecio moito, liberando unha gran tortuga que quedou enredada no seu palangre. Os que sodes galegos notaredes mellor algo que é evidente no video : que os mariñeiros pescamos para ganar o xornal e para poñer peixe nos platos da xente, pero amamos e respetamos o mar e as súas criaturas. Non ten este sentimento quen é mala persona. Gracias, Jallu, non solo por facelo, senón por grabalo.
Rogelio Santos Queiruga118,555 Aufrufe • vor 3 Jahren

O Tiburón azul ou tintorera que se veu hoxe pola illa de Arousa ( Pontevedra ) corre máis peligro el que nós. De feito, que se vexan próximos á costa é unha boa noticia. É sinal de que en alta mar, no sitio onde suelen vivir, se poden estar recuperando, tras décadas de sobrepesca. Pode que no futuro volvan a ser unha fonte de alimento, empleo e cartos para o maltreito sector pesqueiro. Tratémolos ben. Non son tiburóns blancos nin tigres. Son exemplares xuveniles que no verán se acercan perdidos á costa, moitos dos cales morren. Ainda así, se buscamos nós o contacto ( eles evitan á xente por norma xeral, como o resto dos peixes ) , e o tocamos, pode lastimarnos cos dentes ou ca pel rugosa, ou matalo nós a el. É unha oportunidad única para velos dende a prudencia e o respeto. Co mar e os animais salvaxes e a natureza, o que temos que facer sempre, dende a prudencia, o agradecemento, facer caso ás auroridades e o respeto, DISFRUTALOS AO MÁXIMO.
Rogelio Santos Queiruga107,232 Aufrufe • vor 3 Jahren

Como lle chamades vós na vosa zona de Galicia, de España ou do mundo ?
Rogelio Santos Queiruga20,252 Aufrufe • vor 5 Monaten

Praia Langosteira en Fisterra ( Galicia ), ahora mismo.
Rogelio Santos Queiruga67,398 Aufrufe • vor 2 Jahren

Moito respeto ao coller, soster nas miñas mans e liberar a cría dun peixe que pode alcanzar as 2.000 kilos de peso, e que hoxe ven de novo nas nosas redes. Mola mola ou peixe lúa, como Montelouro, un emblema da magnificencia que nos pode regalar a natureza a través de todo o mundo. O planeta terra é unha xoia de valor incalculable. O home non é malo por natureza. Todo depende de como use o poder das súas mans, mente e palabra. #Galicia
Rogelio Santos Queiruga79,677 Aufrufe • vor 3 Jahren

Hoy un video en castellano para que esto llegue fuera de Galicia a todo el mundo, y para que los que no estais en contacto con el mar y la pesca, podais conocerlos y conocernos un poco más. Video en 2 twits #Galicia #pescasostenible #sostenibilidad #marisco #pescadores #pescado
Rogelio Santos Queiruga75,675 Aufrufe • vor 3 Jahren

Nin na lista da vosa compra nin no restaurante pode haber agora mesmo nécora, lumbrigante, pulpo, santiaguiños, centola con ova nin peixe que non de a talla mínima galegos. Están todos en veda, e eu e máis eles felices de pescalos e de volveren para o mar, criar ou medrar, porque son mariñeiro. Feliz finde a todos, que por fin é venres !!!
Rogelio Santos Queiruga37,680 Aufrufe • vor 1 Jahr

Para finalizar con este tema : a TvG e a propia Paula están mentindo sobre min. Nunca dixen que lle haxa que meter unha bomba a ninguén. Esto é falso. Quen publicou un twit falando sobre bombas á lixeira foi a propia Paula Prado. A TVG e a Voz está mentindo sobre o que dixen e obviando que quen entrou falando de bombas foi a propia Secretaria Xeral do PP, Paula Prado, non eu. Nunca lle desexaría a nadie que lle puxeran unha bomba nin nada parecido, nin nas súas partes íntimas nin en ningún lugar. . O que non me gusta é todo o contrario, que se fale á lixeira sobre bombas como fixo Paula Prado, que foi a que orixinou esto no seu twit e que parece que lle encantan. Desexolle toda a sorte do mundo a Paula Prado. Non creo que deba desexarselle nada malo a ninguén. Invitoa cando queira a vir canda nós ao mar e vivir cousas bonitas fora do Parlamento e da bronca política permamente na que está. Sentaralle ben, de verdad. Eu hoxe pasei un dia moi feliz poñéndolle o plástico as galiñas no frente do galiñeiro porque ven moita chuvia e enfriou moito todo, e nom quero que enfermen polo frío e a auga. Non quero que estén molladas. Tamén viñeron duas veciñas do meu pobo, unha prima de miña nai e unha amiga buscar verde para os centros de difuntos, xa que estamos nese mes que todos imos visitar e honrar aos nosos pais e avós. Unha delas limpou os nosos como cariño hacia min, pero ainda teño que ir poñer as flores. Irei o 30, que dan moi mal tempo. Como teño tantas plantas, sempre lle dou verde a quen mo pide. Xa ven miña prima Maria Dolores e ainda me falta a miña amiga Sonia, pero se hai alguén máis que queira, aquí está. Cando era pequeno había rapaces que insultaban ca palabra HP a outros ou ca palabra " maric.". Eu sempre as odiei, e jamás as usei. Odioas, e sabeo ben todo o mundo que me conocedes dende neno, pero si uso expresións tipicas da nosa terra. Creo que hai que falar sempre con respeto a todo o mundo, tamén aos cargos dos partidos, e que hai expresións e palabras de uso cotidian que non se din con mala intención, senón para reprender ou expresar alegría : a onde carallo vas ? A onde cona vas ? Por decir dous exemplos, e non é malo. Eu úsoas tamèn. Do mesmo xeito pódeselle decir a alguén que está foljado , e non ser por mal, ou mandalo a rañala, como cando algúns se meten com Galicia, os galegos ou co noso idioma, por decir tres exemplos. Entendo que a quen me siga en twiter, que é onde eu dixen a expresión " moitas señoras maiores da nosa terra diríanlle que parece que a que ten falta dunha 💣 na cona " lle pudera chocar, xa que eu non suelo falar así, nas redes nin na vida. Solo falo así,como todos, cando nos enchen. E a min de verdad vos digo que costa moito encherme. Pero de 💣 quen falou foi Paula Prado, e foi xusto eso o que me indignou. Foi para decir que pode falar como todos do que queira, pero con respeto. Que non se fala deso á lixeira. Parece que fora porque lle gusta estar falando deso a todas horas fora a ela. A min desdelogo, non. Pero sen mal, sen gravidade. Non me gustan as bombas, nin as armas, nin as cousas malas. A min gústame a paz, traballar, ser honrado, os animais, escoitar aos maiores, os fouciños para apañar herba .....e a forma de falar de todos nós nas casas e nos traballos, cas súas retrancas e expresions populares. Paula, ofrézoche tomar uns viños cando queiras, que sei que che gustan, ainda que non me guste o que dis, e a ti non che guste eu.
Rogelio Santos Queiruga26,881 Aufrufe • vor 10 Monaten

Os pulpos son caníbales, e teñen un veneno co que paralizan ás súas vítimas para poder comelas logo sin que ofrezan resistencia. O de que sexan caníbales e se coman os uns aos outros é unha das cousas que pese a ser un alimento valorado e caro, fai dificil crialos en cautividade. Hai que ter moito espacio e escondrixos para todos, non poden estar como os rodaballos uns a cabalo dos outros amoreados a parte doutras cuestións que dificultan a súa cría, como o tema de alimentalos, para o que se fai necesario seguir explotando os océanos aínda que se presente a súa cría como algo máis sostible que a súa pesca.
Rogelio Santos Queiruga15,020 Aufrufe • vor 5 Monaten

Eu quero vivir do mar, e queren comprar o noso silencio por un pago de 550 euros ( como no Prestige ). Queren desmovilizar a manifestación do domingo 21 en Santiago. Non me importa se estou eu solo alí. Xa teño estado no mar con vento, chuvia, forte mar de fondo. Hoxe escoitaba ao mar e decíame que non calemos, e eu guíome por el, que é o que me da o pan, non a Xunta.
Rogelio Santos Queiruga41,073 Aufrufe • vor 2 Jahren

Parece Draculín, pero non chupa sangre. Sabedes o que é ?
Rogelio Santos Queiruga45,204 Aufrufe • vor 3 Jahren

Esta semana collemos un santiaguiño e varias nécoras. Collemos poucos por norma xeral porque os aparellos orientados ao peixe e marisco de maior tamaño teñen unha malla grande e os máis pequenos colan polo furado. Poderíamonos dar unha homenaxe, pero aínda que sexa pequeno, é máis rentable darllo ao mar.
Rogelio Santos Queiruga13,949 Aufrufe • vor 8 Monaten

Galicia. Mariñeiros. Hoxe pescamos unha solla, lumbrigantes, nécoras, centolas, choco e pouco máis. Dous días pudemos ir ao mar esta semana tras máis de més e medio sin poder sair polos temporais. Vedas naturais para o mar, moitísimo berberecho morto polas temperaturas e a chuvia, frailecillos debilitados ou mortos en todas as praias, chapapote na de Queiruga e outras de Porto do Son e noutras grandes cantidades de plásticos, cacharros do pulpo, restos de redes e xente xenerosa recolléndoo altruistamente : todo eso e máis é tamén a miña terra. Mañan e pasado volve a haber temporal pero para a semana da melloría. A ver se é verdad !!! Non gobernamos nos fenómemos meteorolóxicos pero noutras cousas si, e granciño a granciño facemos mellor o mundo. Bo día a todos !!!!
Rogelio Santos Queiruga11,070 Aufrufe • vor 6 Monaten