
DefendeAGalega
@DefendeAGalega • 12,454 subscribers
Conta dos traballadores e traballadoras dos medios públicos galegos. En defensa da TVG e a Radio Galega. Correo de contacto: [email protected]
Shorts
Videos

A TVG volve retorcer os datos de audiencia para que digan o que lles interesa. Pero a realidade é testana. O suposto éxito de audiencia non se corresponde cos datos oficiais da empresa Fifty5Blue. O relato do Telexornal non se sostén cando acudimos ás fontes. Vai fío🧵
DefendeAGalega34,620 görüntüleme • 2 ay önce

O xefe de informativos da radio pública opinando no Galicia por Diante desta mañá. Por se iso fose pouco, fai gala do seu descoñecemento sobre o que é o Consello da Cultura. E logo aínda hai quen cuestiona por que facemos os venres negros…😡 #NonCoasNosasMans
DefendeAGalega126,651 görüntüleme • 1 yıl önce

Que a TVG dedique tempo a analizar os pendentes dunha ministra dá para debate. Pero hai algo máis fondo aí. Cando se sinala o prezo da roupa, dos complementos ou a estética dunha política, o foco desprázase do que di ao que leva posto. É un patrón clásico de machismo mediático.
DefendeAGalega13,971 görüntüleme • 1 ay önce

Uns medios públicos que teñen a obriga de promover, protexer e difundir o galego non poden ridiculizalo nunca. Rosa Moledo, lingüista premio de honra nos XXIV #PremiosMestreMateo, déixao ben claro. De Venres a Venres, GRAZAS por Defender o Galego e A Galega 🖤 #DefendeAGalega
DefendeAGalega18,984 görüntüleme • 3 ay önce

Concha Pombo, directora xeral da CSAG en debate con Iago Suárez, de BNG - Bloque Nacionalista Galego: "A Galega é a radio pública máis escoitada de Galicia.” -Moncho, cantas hai? -Espera que miro. (...) -Sonche dúas, Marité. É como gañar un cara ou cruz e sacar nota de prensa. Haberá quen cha publique.
DefendeAGalega11,068 görüntüleme • 2 ay önce

Se protestas contra a Xunta, minimízante, dilúente e agóchante nun recuncho do Telexornal de 23 segundos. A túa indignación non ten responsables concretos, pese a que te botas á rúa para pedir dimisións: “Pediron cambios ás administracións publicas para evitar que se repitan” 🧵
DefendeAGalega30,856 görüntüleme • 10 ay önce

📢 Alto e claro, Pedro Sánchez fai unha boa síntese do que levamos denunciando 321 semanas, máis de SEIS!!! anos na CRTVG , a maior parte deles baixo o goberno de Alberto Núñez Feijóo na Xunta de Galicia #LecciónsDeQue #QueNonCheContenContos #SenMedoALoitar #DefendeAGalega
DefendeAGalega50,129 görüntüleme • 2 yıl önce

40.000 persoas, segundo a organización, mobilizáronse en Vigo en apoio ao pobo palestino. E a TVG? Nin imaxes. Nin declaracións. Nin referencias no Telexornal. Só unhas colas da protesta na Toxa pola presenza de Olmert no foro das elites. É indecente. É indigno dun medio público.
DefendeAGalega17,150 görüntüleme • 9 ay önce

Dous modelos antagónicos de televisión pública. Unha manifestación como esta é máis que unha simple previsión de axenda. O servizo público é traballar para a cidadanía, non facerlle un control de danos ao presidente. A lealdade non é co goberno. O fume non tapa o lume.
DefendeAGalega11,626 görüntüleme • 9 ay önce

A dirección da CRTVG non representa as traballadoras dos medios públicos Moitas levamos máis de 5 anos denunciando o secuestro da TVG e a RG, a manipulación informativa, os atrancos para informar con profesionalidade. Non poucas pagaron un alto prezo #NonNoMeuNome
DefendeAGalega14,284 görüntüleme • 2 yıl önce
Daha fazla içerik yok.